O alumnado
poderá optar por dous sistemas de avaliación: - EVALIACION
CONTINUA: Os estudantes farán periodicamente na aula presentacións dos
traballos e exposicións dos resultados durante ou transcurso do cuadrimestre.
A asistencia sistemática, a implicación e a participación en clase son factores fundamentais para a consecución dos obxectivos da materia. A actividade de docencia/aprendizaxe céntrase en na resolución de traballos e exercicios na aula, polo que a asistencia puntual e participación en clase son moi importantes para superar a materia. En consecuencia, coa metodoloxía citada, recoméndase o sistema de avaliación continua: cada estudante poderá coñecer a súa situación na adquisición dos obxectivos en relación con cada traballo desenvolvido e presentado e enriquecer a súa experiencia de aprendizaxe na interacción co grupo.
- EAVALUACION
GLOBAL: Os estudantes deberán presentar todos os traballos propostos durante
o curso e o día da proba realizarán un exercicio proposto nesa
convocatoria.
Os estudantes
da CONVOCATORIA DE SEGUNDA OPORTUNIDADE (Xullo) presentarán os traballos e
todos os exercicios esixidos durante o cuadrimestre e realizarán un exercicio
proposto nesa convocatoria. (No caso dos estudantes que opten
pola avaliación continua, asistan a todas as clases e non resolvan
satisfactoriamente 1, ó 2 dos 4 bloques do curso, deberán presentar os
traballos, pero estarán exentos da realización do exercicio proposto para a
convocatoria).
Data e hora
da proba de avaliación de segunda oportunidade (Xullo): consultar calendario
publicado na WEB da Facultade de Belas Artes (Grao en Belas Artes - probas
de avaliación), aprobado en Xunta de Facultade. |