Esta materia constitúe unha introdución, desde unha perspectiva interdisciplinar, aos procesos de creación básicos derivados do uso dos materiais e da cor na arte.
Compleméntase con outras materias de 1º e 2º curso que introducen ao estudante no manexo disciplinar de materiais e técnicas diversas.
Esta materia, que pertence á Formación Básica, é fundamental no cadro xeral da titulación, xunto a outras materias similares ("Expresión artística. Debuxo-Forma") que conforman o módulo de Procesos Artísticos, que dotan ao estudante de ferramentas necesarias para abordar e profundar en procesos disciplinares e multidisciplinares de produción artística.