Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Química: Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase, mediante a realización en aula de varios test, a consecución dos resultados de aprendizaxe e as competencias relacionadas cos contidos teóricos da materia vistos en clases de teoría.
10 A1
C4
D1
D4
D5
D8
Seminario Avaliarase, mediante a resolución en aula de varios problemas, a consecución dos resultados de aprendizaxe e as competencias relacionadas coa aplicación dos conceptos da materia.


10 A1
C4
D1
D3
D4
D5
D8
Prácticas de laboratorio A realización das prácticas é requisito "sine qua non" para aprobar a materia.
Ao finalizar as prácticas realizarase unha proba tipo test ou de preguntas de resposta curta sobre os contidos das mesmas que terá un valor de 5%.
Tamén se otorga un valor de 5% á actitude e o traballo durante a estancia no laboratorio.
10 A1
C4
D1
D4
D5
D8
D13
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas datas oficiais farase un exame de resolución de problemas e/ou exercicios da materia, para avaliar a consecución dos resultados de aprendizaxe relacionados coa aplicación a problemas dos conceptos da materia.
Previamente, ao longo do curso, fixarase a data para a realización dun exame non oficial de problemas e/ou exercicios da parte A da materia, que terá un valor do 20 % e que se complementará co exame da parte B realizado na data oficial e que terá o mesmo valor (20%).
40 A1
C4
D1
D3
D4
D5
D8
Exame de preguntas obxectivas Nas datas oficiais farase un examen tipo test para avaliar os resultados de aprendizaxe relacionados cos contidos teóricos da materia.
Previamente, ao longo do curso, fixarase a data para un exame non oficial tipo test da parte A da materia e que terá un valor do 15 % e que se complementará co exame da parte B realizado na data oficial, e que terá o mesmo valor (15 %)

30 A1
C4
D1
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Sistemas de avaliación para 1ª e 2ª
Oportunidade

Prantéxanse dous sistemas de avaliación: continua e global.

1.1. Avaliación
continua
: Con carácter xeral, esta será a modalidade
de avaliación.

1.1.1. Primeira oportunidade

A cualificación final determinarase de acordo coas
seguintes valoracións: 

I. Prácticas de
laboratorio: ata o 10 % da cualificación total da materia.

A realización das prácticas de laboratorio dunha maneira
satisfactoria é requisito indispensable para superar a materia. A cualificación
das prácticas dependerá da labor experimental realizada no laboratorio e da
nota obtida nun exame tipo cuestionario que se realizará o día dos exames
oficiais. O alumnado que fixo as prácticas en cursos anteriores conservará a
nota acadada no seu momento. A cualificación de prácticas (en base 10) denótase
en adiante como CPrac.

II. Probas de
avaliación continua: ata o 20 % da cualificaciónr
total da materia.

Ao longo do curso, realizaranse 2 probas de avaliación
continua: unha relativa á parte A (Temas 1-8 da materia) e 1
relativa á parte B (Temas 9-15 da materia). Cada proba terá
unha duración de 1 hora e consistirá en 1 cuestionario de preguntas tipo test e
varios problemas. Todas estas entregas se farán na aula habitual e en horario
de clase. As cualificacións das probas de avaliación continua (en base 10 cada
una de elas) denótanse en adiante como CEvC1 e CEvC2, respectivamente.

III. Exame parcial
(parte A): ata o 35 % da cualificación
total da materia (15% corresponde a teoría y 20% a problemas).

Ao rematar a parte A da materia (Temas 1-8) realizarase
un exame parcial, que é opcional e terá partes separadas de teoría e problemas.
As cualificacións de cada parte, en base 10 cada una de elas, denótanse en adiante
como CTA e CPA, respectivamente. Aqueles alumnos que acaden simultáneamente CTA
≥ 3.5 e CPA ≥ 3.5 (“suspenso compensable”) poderán, si o
desexan, convalidar as súas cualificacións de cara ó exame final (é decir, non
estarán obrigados a presentarse á materia da parte A no exame final). Os
alumnos que non se presentaron ao exame parcial, os alumnos que non cumpran
condicións para convalidar a sua cualificación para o exame final, e calesquera
outros alumnos que o desexen poderán examinarse de novo de toda a materia da
parte A (teoría e problemas) o día do exame final da asignatura (véxase a
continuación).

IV. Exame final (partes A e B): ata o 35 % da cualificación total da materia en cada parte (15% corresponde a teoría y 20% a problemas).

Os alumnos que non se presentaron ao exame parcial,
aqueles que non cumpran as condicións necesarias para compensar a materia da
parte A, e aqueles que cumprindo esas condicións desexen examinarse de novo dos
contidos correspondentes, poderán presentarse ó exame final da parte A (teoría
e problemas), a realizar día sinalado oficialmente. As cualificacións acadadas
neste exame en teoría e problemas (en base 10) reemprazarán ós valores de CTA e
CPA que, no seu caso, fosen obtidas no exame parcial. Nótese que neste o caso
os valores de CTA e CPA acadados no exame parcial non influirán na cualificación
final.

O exame da parte B levarase a cabo na data fixada
oficialmente para o exame final da asignatura, e terá partes separadas de
teoría e problemas. As cualificacións de cada parte, en base 10 cada una de
elas, denótanse en adiante CTB e CPB, respectivamente.

Cálculo da cualificación
da primeria oportunidade

A cualificación provisional da materia (CProv) será o
resultado de aplicar a seguinte ecuación:

CProv= 0.1·CPrac + 0.1·CEvC1 + 0.1·CEvC2+ 0.15·CTA+ 0.15·CTB+0.20·CPA+
0.20·CPB

A cualificación en actas
(CActa) poderá coincidir ou non con CProv. Así:

a) Cando se cumpran
todas e cada unha das seguintes condicións:

CProv ≥ 5 e CTA ≥ 3.5 e CPA ≥ 3.5 e CTB
≥ 3.5 e CPB ≥ 3.5

aprobarase a asignatura, con
CActa = Cprov.

b) Os alumnos con
Cprov < 5 obterán CActa = Cprov.

c) Aqueles alumnos que
acaden CProv ≥ 5 pero incumpran algunha das outras condicións indicadas no
apartado a) serán cualificados con CActa = 4.9.

1.1.2. Segunda oportunidade

•           Conservaranse
as cualificacións CPrac, CEvC1 e CEvC2 obtidas na primeira oportunidade. A
proba constará de exames de teoría e problemas das partes A e B así como de
prácticas (para aqueles alumnos que non o fixeron anteriormente ou que, téndoo
feito, desexen presentarse de novo). De repetilo, a nota obtida neste caso
sustituirá á nota previa.

•           Compensacións.
Aqueles alumnos que teñan acadado na primeira oportunidade CTA ≥ 3.5 e CPA ≥ 3.5 poderán, si o desexan, convalidar a
materia da parte A de cara á segunda oportunidade, e non examinarse dos temas
correspondentes. Aqueles alumnos que teñan acadado na primeira oportunidade CTB ≥ 3.5 e CPB ≥ 3.5 poderán, si o desexan, convalidar a
materia da parte B de cara á segunda oportunidade, e non examinarse dos temas correspondentes.
As cualificacións obtidas na segunda oportunidade [(CTA e CPA) e/ou (CTB e
CTB)] reemprazarán, no seu caso, ás obtidas na primeira oportunidade.

Ambas partes
(A e B) se tratarán como bloques, é dicir, cando un alumno non cumpra algún
requisito de notas mínimas en teoría ou en problemas dunha determinada parte,
terá que examinarse de toda esa parte (teoría e problemas).

O valor de CProv calcularase como se indica
anteriormente, tras reemprazar as cualificacións de teoría e problemas das partes
A e/ou B polos valores acadados na segunda oportunidade. Superarase a
asignatura cando:

CProv ≥ 5 e CTA ≥ 3.5 e CPA ≥ 3.5 e CTB ≥ 3.5 e CPB ≥ 3.5

Os criterios para a asignación de CActa serán os mismos
que se describiron para a primeira oportunidade.

1.2.  Avaliación
global
: Os
estudantes teñen dereito a optar pola avaliación global seguindo o procedemento
e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. En todos os casos, a
nota final da materia calcularase por medio de unha proba que incluirá un exame
de prácticas (cualificación en base 10, CPrac´) e exames de teoría e problemas
das partes A e B (cualificacións en base 10, CTA, CPA, CTB, CPB).

A cualificación
provisional (Cprov´) calcularase do seguinte xeito:

Cprov´= 0.20·CTA+ 0.20·CTB+0.25·CPA+ 0.25·CPB+ 0.10·Cprac'

A cualificación en acta
(CActa´) poderá ou non coincidir con CProv´.

a)   CActa´ coincidirá
con CProv´ si CProv´≥ 5 e CTA ≥ 3.5 e CPA ≥ 3.5 e CTB ≥ 3.5 e CPB ≥ 3.5.

b)    CActa´ coincidirá
con CProv´ si CProv´< 5

c)    No caso de que se
incumpran as condicións anteriores, CActa´ tomará o valor 4.9.

2. Convocatoria Fin de Carreira

Para a convocatoria de Fin de Carreira, a avaliación
realizarase mediante un exame de teoría, problemas e prácticas, e a nota
calcularase de maneira idéntica á descrita na avaliación global.

3.  Datas de exames

As datas dos exames serán as publicadas no taboleiro de
anuncios e/ou na web do Centro. O exames realizaranse de forma presencial,
salvo que a U. de Vigo decida o contrario.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000