A avaliación continua incluirá todo o traballo desenvolvido de modo presencial ou non presencial, daquelas actividades
individuais e grupais programadas. A asignatura supérase mediante a avaliación continua ao acadar 5,00 puntos en
cada unha das 3 partes en que se divide. No caso de non acadar 5,00 en cada parte, a materia tamén pode superarse se en cada parte se supera o 4,5 e a media resulta igual ou superior a 5,00 puntos. No caso de que a media sexa igual ou superior a 5 pero non se chegue ao 4,5 nalgunha das partes, a nota que figurará en acta será 4,9. A mediados do curso (semana 7ª) realizarase un exame parcial (30% da nota total). A cualificación desta primeira parte será a obtida nese exame parcial ou ben na súa recuperación no exame final. O exame final, na data fixada polo centro, constará de dúas partes: a recuperación do primeiro parcial máis o exame do segundo parcial. A cualificación do segundo parcial será a obtida no exame final desta parte (30% da nota total). O 40% restante da nota total, segundo a metodoloxía anteriormente esposta, obterase polas prácticas e traballos realizados durante o curso nas porcentaxes indicadas. No caso de non seguir o proceso de avaliación continua o/a estudante poderá presentarse ao exame final da materia, podendo neste caso completarse dito exame co exame das prácticas. A súa cualificación será a obtida en dito exame. O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. Para a avaliación da segunda oportunidade manteranse as cualificacións das partes superadas anteriormente, debendo recuperarse as non superadas e podendo presentarse tamén ás superadas co obxectivo de mellorar a cualificación final. Datas avaliación:
Segundo o calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta da Escola, que se publica na súa páxina web: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames. A parte práctica, de ser o caso, podería requerir algún tipo de prova ó marxe de tales datas. Compromiso ético: "Espérase que o estudantado presente un
comportamento ético axeitado. En caso de detectar un comportamento ético
non axeitado (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non
autorizados, e outros) considerarase que o/a alumno/a non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación
global no presente curso académico será de suspenso (0.0). No caso de
ser necesario, poderase realizar un novo exame para verificar a
adquisición de competencias e coñecementos por parte do alumnado
implicado." |