A avaliación continua incluirá todo o traballo desenvolvido de modo presencial ou non presencial, daquelas actividadesindividuais e grupais programadas (neste último caso a cualificación será individual para cadacompoñente do grupo). A materia supérase por avaliación continua ao alcanzar o50% da puntuación máxima da proba en cada unha das 3 partes nas que se divide. A mediados do curso (aproximadamente na semana 7ª) realizarase un exame parcial (30% da nota total). A cualificación desta primeira parte será a obtida nese exame parcial ou ben na súa recuperación no exame final. O exame final, na data fixada polo centro, constará de dúas partes: a recuperación do primeiro parcial máis o exame do segundo parcial. A cualificación do segundo parcial será a obtida no exame final desta parte (30% da nota total). O 40% restante da nota total, segundo a metodoloxía anteriormente esposta, obterase polas prácticas e traballos realizados durante o curso nas porcentaxes indicadas. O/A estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo que estableza o centro para cada convocatoria. Nesta avaliación global, no caso de non seguir o proceso de avaliación continua, o alumno só poderá presentarse ao exame final da materia, podendo, nese caso, completar o devandito exame cunha parte correspondente ás prácticas que se ponderaría con 30% da nota e con outra parte correspondente á resolución de problemas deforma autónoma que se ponderaría co 10%. A súa cualificación será a obtida no devandito exame. Osresultados obtidos nas probas intermedias non teñen impacto máis aló daavaliación continua na primeira oportunidade. O alumnado que non supere a materia en primeira oportunidade deberá realizar unha proba final de segunda oportunidade, que abarcará todos oscontidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír probasde resposta curta, probas de resposta longa, resolución de problemas edesenvolvemento de presupostos prácticos. Este sistema de probas será o mesmopara a convocatoria de Fin de Curso. Datas avaliación:Segundo o calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta da Escola, que se publica na súa páxina web: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames. A parte práctica, de ser o caso, podería requerir algún tipo de prova ó marxe de tales datas. Compromiso ético: espérase que o alumno mostre uncomportamento ético adecuado. No caso de detectarse copia nalgunha das probas (probascurtas, exames parciais ou exame final), a cualificación será de SUSPENSO (0) eo feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |