A materia introduce os conceptos e técnicas básicas asociadas ao procesamento da linguaxe natural, punto de partida para o deseño de contornas de explotación de información e de diálogo baseadas na linguaxe humana, tanto a nivel léxico como sintáctico, semántico e pragmático. O obxectivo é introducir ao estudante na complexidade inherente á análise da linguaxe natural humana, fundamentalmente asociada á ambigüidade e dependencias contextuais que presenta, e no deseño de estruturas de datos e algoritmos que permitan o seu tratamento práctico.