A materia Plataformas da internet das Cousas céntrase na aprendizaxe ao estudo das tecnoloxías para a xestión e distribución de datos en tempo real no ámbito da internet das Cousas. No aspecto teórico introduciranse os conceptos básicos de IoT, e os modelos, arquitecturas e linguaxes relacionados co procesamento en tempo real neste campo. Na sección práctica da materia, experimentarase con diferentes dominios de aplicación e casos de uso reais.