A materia céntrase na aprendizaxe dos conceptos principais relacionados co deseño de bases de datos NoSQL e a súa consulta declarativa. Introdúcense os fundamentos teóricos de diferentes modelos de datos NoSQL e abórdase o deseño de bases de datos desde o punto de vista do modelado conceptual para cada modelo específico. Para a implementación das bases de datos e a súa consulta, utilízanse diversas linguaxes e APIs específicas de cada tipo de base de datos NoSQL. Préstase especial atención á súa aplicación no ámbito da IA e o procesamiento de grandes volumes de datos.
O alumnado aprendrá sobre os diferentes tipos de bases de datos NoSQL, incluíndo bases de datos de clave-valor, orientadas a documentos, de columnas e de grafos. Exploraranse as súas vantaxes, limitacións e casos de uso típicos. Ademais, discutiranse as estratexias de distribución e replicación de datos, así como as técnicas para garantir a consistencia e dispoñibilidade en contornas distribuídas.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán
solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da
materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.