A materia aborda algúns dos paradigmas formais máis importantes para o tratamento e a cuantificación da incerteza no razoamento. Trataranse métodos de representación gráfica que permiten simplificar a análise de calquera modelo probabilístico. A introdución posterior da teoría da decisión, en combinación coa teoría da probabilidade, permite escoller a alternativa óptima a partir da información dispoñible, xa sexa esta incompleta ou ambigua. A materia mostra a súa aplicabilidade con múltiples exemplos da ciencia e a enxeñaría.