SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
PROBA 1: Exame teórico 1
Descrición: Proba tipo test de media hora máximo de duración, para avaliar os aspectos teóricos da materia.
Metodoloxía aplicada: Exame de preguntas obxectivas
% Cualificación: 12,5%
% Mínimo: nota media de polo menos 5 puntos (sobre 10) entre os exames teóricos 1 e 2.
Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B9, C9, C22, C26, C28, C29, C30, C33, D4, D5, D8, D14
Resultados previstos: RA1, RA3, RA5
PROBA 2: Exame teórico 2

PROBA 3: Exame práctico 1
Descrición: Exame práctico no laboratorio informático
Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas e/o exercicios
% Cualificación: 25%
% Mínimo: para liberar esta parte da materia débese obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10)
Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B1, B5, C22, C26, C28, C30, D4, D6, D8
Resultados previstos: RA3, RA4, RA5, RA6
PROBA 4: Exame práctico 2

SISTEMA DE GAMIFICACIÓN: Resolución de problemas de forma autónoma
Descrición: Realización periódica das actividades do sistema de gamificación.
Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas de forma autónoma
% Cualificación: 25%
% Mínimo: para liberar esta parte da materia, débese obter polo menos o 70% dos Puntos de Mérito do sistema de gamificación, Antes da data que se estableza.
Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B9, C9, C22, C26, C28, C29, C30, C33, D4, D5, D8, D14
Resultados previstos: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6
Notas:
- Todos os estudantes que se presenten a calquera das probas anteriores enténdese que se acollen ao procedemento de avaliación continua.
- Se un estudante non se presenta a algunha das probas (salvo causa de forza maior, xustificada documentalmente), asignaráselle unha cualificación de 0 (cero) na mesma.
- En caso de non alcanzarse o 70% dos PM do sistema de gamificación, poderase recuperar facendo as probas do sistema de avaliación global correspondente á convocatoria ordinaria de xaneiro, aínda que o peso na cualificación será o mesmo 30% do sistema de gamificación.
- En todo caso, as probas 1 a 4 para as que non se superen os mínimos de cualificación establecidos deberanse recuperar no exame extraordinario de xullo.
SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL
Para optar por este sistema de avaliación global, o estudante deberá solicitalo formalmente no prazo que se habilitará un mes despois do inicio do cuadrimestre. Comunicarase a todo o alumnado, a través de Moovi, a apertura dese prazo de solicitude.
Para superar a materia mediante este sistema de avaliación, será necesario aprobar as dúas probas de que consta:
PROBA 1: Exame teórico
Descrición: Proba tipo test dunha hora máximo de duración, para avaliar os aspectos teóricos da materia.
Metodoloxía aplicada: Exame de preguntas obxectivas
% Cualificación: 40%
% Mínimo: para superar esta parte da materia a cualificación debe ser igual ou superior a 5 puntos (sobre 10)
Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B9, C9, C22, C26, C28, C29, C30, C33, D4, D5, D8, D14
Resultados previstos: RA1, RA3, RA5
PROBA 2: Exame práctico
Descrición: Exame práctico no laboratorio informático
Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas e/o exercicios
% Cualificación: 60%
% Mínimo:para superar esta parte da materia a cualificación debe ser igual ou superior a 5 puntos (sobre 10)
Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B1, B5, C22, C26, C28, C30, D4, D6, D8
Resultados previstos: RA2, RA3, RA4, RA5, RA6
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARRERA
- Empregaranse os sistemas de avaliación continua e global expostos anteriormente.
- Con todo, todos aqueles estudantes do sistema de avaliación continua que non alcanzasen o 70% dos PM do sistema de gamificación (e que non os recuperaron no exame de xaneiro), deberán realizar as probas completas do sistema de avaliación global, non téndose en conta as probas que superasen durante o primeiro cuadrimestre, e cualificaráselles cos criterios do sistema de Avaliación Global.
PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS
Independentemente do sistema de avaliación e convocatoria, en caso de non superar algunha parte da avaliación cando a puntuación global fose superior a 4 (sobre 10), a cualificación en actas será dun 4,9.
DATAS DE AVALIACIÓN
As datas das probas 1 a 4 correspondentes ao sistema de avaliación continua publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da ESEI: https://esei.uvigo.es/docencia/horarios
As datas de entrega de cada unha das tarefas do traballo autónomo do sistema de gamificación publicaranse na descrición de cada tarefa, e engadiranse ao calendario de Moovi para que o estudante poida sincronizalo co seu propio calendario.
As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da EEI, atópanse publicadas na páxina web da ESEI: https://esei.uvigo.es/docencia/exames
EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES
Lémbrase a todo o alumnado a prohibición, salvo autorización expresa do profesorado da materia para a realización de determinadas probas, do uso de dispositivos móbiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do estudantado universitario, que establece o deber de "Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da Universidade."
CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS
O sistema e horario de titorías poden consultarse a través da páxina persoal do profesorado da materia, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado
IMPORTANTE: Ante calquera contradición entre as diferentes versións desta guía docente debido a algún erro na tradución, prevalecerá a versión en castelán.