A materia Dereito e Traballo Social ten por finalidade o coñecemento de institucións básicas de Dereito civil , Dereito constitucional e Dereito do Traballo e de da Seguridade Social, coñecementos necesarios na formación dun Graduado en Traballo Social. En particular, preténdese formar ao estudante en nocións básicas de dereito de familia, contrato de traballo e integración no mercado laboral de colectivos con especiais dificultades, prestacións contributivas e asistenciais do Sistema de Seguridade Social e da organización constitucional do Estado, que lle permitan captar a complexidade do marco normativo e das situacións nas que se poden atopar as persoas.