Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Dereito: Dereito e traballo social
   Contidos
Tema Subtema
PARTE I: O DEREITO, O ESTADO E O seu ORDENAMENTO XURÍDICO

1. Introdución ao concepto de Dereito. O dereito como forma de organización social e como fenómeno cultural e social. As relacións entre Dereito e Poder. O Dereito constitucional
1. Concepto, elementos e formas de Estado 2. Orixes e transformacións do Constitucionalismo 3. Elaboración e aprobación da Constitución española de 1978. Características.
2. O ordenamento xurídico e a creación, interpretación e aplicación do Dereito. 1. Valor normativo da CE 1978 2. Constitución e Ordenamento Xurídico 3. Fontes do Dereito: Tratados Internacionais; Dereito da Unión Europea; A lei e os tipos de Leis; Estatutos de autonomía; normas con rango de Lei; outras fontes do Dereito
3. Principios do Estado Social e Democrático do Dereito. A organización do Estado 1. A Xefatura do Estado 2. As Cortes Xerais 3. O Goberno e a Administración. Organización das Administracións Públicas: principios de actuación. O procedemento administrativo común: fases e participación dos cidadáns. A validez e a eficacia dos actos administrativos. Garantías xurídicas fronte ás actuacións das Administracións Públicas. Responsabilidade por acción ou omisión administrativa en relación co funcionamento dos servizos sociais.
4. Poder Xudicial 5. Tribunal Constitucional
4. Dereitos fundamentais e liberdades públicas: Fundamento, categorización xurídica e protección. Os dereitos fundamentais e o traballo Social. 1. Dereitos fundamentais e liberdades públicas: Orixe e evolución. 2. O sistema de dereitos fundamentais na Constitución española de 1978 3. As garantías das liberdades e dos dereitos fundamentais 4.O dereito á intimidade e á confidencialidade da información en traballo Social. 5. O papel do traballador social en relación cos dereitos e liberdades dos estranxeiros. 6. Igualdade e solidariedade no Estado Social e Democrático de Dereito. 7. Os dereitos sociais e as necesidades básicas. 8. Os novos dereitos do Estado Social
PARTE II: CONTRATO DE TRABALLO, INTEGRACIÓN NO MERCADO LABORAL E PROTECCIÓN SOCIAL

1. Significado do Dereito do traballo. O contrato de traballo.
1. Concepto de Dereito do Traballo.- 2. O traballo asalariado.- 3. As fontes do Dereito do Traballo.- 4. Contrato de traballo. Concepto e caracteres. Partes. O traballador inmigrante. Forma. Salario e tempo de traballo. Extinción.
2. A Seguridade Social. O Réxime Xeral. 1. O Sistema de Seguridade Social en España. 2. Actos de encuadramento.- 3. Cotización.- 4. A acción protectora: Asistencia sanitaria. Incapacidade temporal. Maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural. Redución de xornada por coidado de menor afectado de cancro ou enfermidade grave. Incapacidade permanente. Xubilación. Morte e supervivencia. Prestacións de protección á familia. Prestacións por desemprego. Protección asistencial.
PARTE III: DEREITO DE FAMILIA

1. Familia e Dereito de Familia.
A familia na Constitución. -A familia non matrimonial: as unións de feito e os seus efectos. -O matrimonio: concepto, natureza e caracteres. -Requisitos do matrimonio: capacidade matrimonial e impedimentos. -Relacións persoais e patrimoniais entre os cónxuxes. -A separación matrimonial. -A disolución do matrimonio. -A nulidade do matrimonio.
2. Filiación. Determinación e proba da filiación. -A patria potestade. -A filiación adoptiva: concepto, efectos, extinción. - As institucións tutelares e de garda. -A protección de menores: desamparo, garda e acollemento. -A incapacidade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000