A materia de Educación Intercultural e para a Paz oriéntase á promoción dos conceptos relativos á Paz e á Interculturalidade, na súa acepción positiva, no marco da Paradigma Sociocrítico da Educación; así como nos principais fitos históricos da Educación para a Paz, os compoñentes da disciplina e a Educación para a Cidadanía e a Convivencia no marco dos Dereitos Humanos, así como nas estratexias e recursos adecuados para a intervención. Así mesmo promove no alumnado a interiorización de valores de respecto e tolerancia en positivo, solidariedade e empatía. E capacítalle para recoñecer situacións de violencia non só directa, senón tamén estrutural e simbólica; así como desenvolver estratexias e programas de prevención da violencia e promoción da convivencia.
Proxéctase en diversos campos profesionais: Intervención socioeducativa non formal, entre a que podería destacarse o lecer infantil e xuvenil; así como o marco da educación de persoas adultas; en centros e proxectos de integración de grupos en situacións de conflito social; ou en ONGs. Así como na intervención educativa formal nos centros educativos, servindo á vez de ponte ou conexión entre estes e a súa contorna, establecendo un diálogo entre escola e familia, e entre escola e outros axentes de educación non formal da contorna local e comunitaria.
Contribuíndo, en definitiva, á formación dun pensamento crítico propio que oriente unha práctica profesional comprometida e democrática