Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación intercultural e para a paz
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario As conclusións de cada seminario serán recollidas nunha síntese e reflexión persoal. 40 A1
A2
A3
A4
B4
C3
D3
D12
D18
Traballo tutelado Son traballos en grupos pequenos, cunha supervisión constante por parte do profesor/a. 30 B4
B5
C3
C10
D3
D12
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C3
C10
C19
D3
D12
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A) DESCRICIÓN DAS CARACTERÍSTICAS DA AVALIACIÓN

Avaliación para alumnado asistente: terá a consideración de asistente o alumnado que asista polo menos o 80% de a materia.
A avaliación será continua, comentando co alumnado a súa situación en cada momento. Consistirá na realización dun diario de prácticas no que se recollerán as principais conclusións de cada un dos seminarios (40%), así como na realización dun traballo grupal tutelado (30%) e dun exame de preguntas obxectivas (30%). Para superar a materia será preciso alcanzar polo menos o 50% de todos os apartados de a avaliación.

Avaliación para alumnado non asistente: terá a consideración de non asistente o alumnado que non alcance o 80% de a asistencia á materia. Para non asistentes, proponse unha avaliación semellante: traballo tutelado (30%); exame de preguntas obxectivas (40%); o diario de sesións sobre os seminarios será substituído por un resumo e valoración crítica dos diferentes temas do programa (30%), chegando á posibilidade de nota máxima. 

En ambos casos, é necesario alcanzar polo menos o 50% de cada apartado da avaliación. De non ter superada a materia na convocatoria de xuño, as competencias non adquiridas serán evaluadas na convocatoria de xullo. 


B) As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto,
como aprobadas nese curso académico


C) As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade (http://fcce.uvigo.es/es/) no espazo "datas exames"


D) Outras cuestións: en coherencia co carácter inclusivo que caracteriza
a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía
poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo
que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)


E) Outras cuestións: en relación ao alumnado do curso ponte, coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para o alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000