Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación intercultural e para a paz
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Transmitir, promover e desenvolver a cultura
B2 Xerar redes sociais, contextos, procesos e recursos educativos e sociais
B3 Intervir como mediador social, cultural e educativo
B4 Coñecer, analizar e investigar os contextos sociais e educativos
B5 Deseñar, implementar e evaluar programas e proxectos socioeducativos
B6 Xestionar, dirixir, coordinar e organizar institucións e recursos socioeducativos
C3 Asumir e orientarse segundo valores de igualdade e de cidadanía democrática, e capacitar para a prevención e a mediación en casos de violencia nas súas diferentes manifestacións (simbólica, de xénero, laboral, escolar, sexual, étnica...)
C10 Desenvolver programas e proxectos no ámbito da educación especializada (menores, necesidades educativas especiais, centros de saúde, condutas adictivas, institucións penitenciarias, e persoas e colectivos en risco de exclusión...)
C19 Administrar, coordinar e supervisar entidades, equipamentos e grupos, en función de diferentes contextos e necesidades
D3 Comunicación oral e escrita na/s lingua/s materna/s con apertura a outros códigos lingüísticos, en especial, as linguas cooficiais na comunidade galega
D12 Compromiso ético
D18 Apertura á aprendizaxe ao longo de toda a vida
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000