As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade no espazo "datas exames". O alumnado da modalidade de avaliación Continua terá que asistir polo menos ao 80% das clases para ser avaliado nesta modalidade. Será necesario obter polo menos un 4 sobre 10 puntos en cada un dos dous tipos principais de avaliación: no traballo tutelado (parte teórica) e no traballo do proxecto de investigación sobre consumo (parte práctica). É dicir, mínimo de 4 puntos na avaliación dos catros traballos de comentarios de texto (parte teórica) e un mínimo de 4 puntos na avaliación do traballo do proxecto de investigación de consumo (parte práctica), para poder sumar as notas dos dous tipos de avaliación e así establecer a nota final da materia. Se se aprobase só unha parte e entre as dúas partes non se sumase o aprobado, gardarase a nota da parte aprobada para a 2ª oportunidade-convocatoria de xullo, onde o alumnado terá que facer un exame sobre a parte non aprobada (preguntas de contido teórico ou práctico da materia, dependendo da parte da materia a recuperar). O alumnado da modalidade de avaliación Non Continua deberá examinarse na data oficial do exame da 1ª oportunidade-convocatoria mediante unha proba escrita de preguntas que terá dúas partes diferenciadas: a) preguntas pechadas (tipo test) e abertas (desenvolvemento) sobre o contido teórico e b) preguntas abertas (desenvolvemento) sobre a parte práctica de metodoloxía e elaboración dun proxecto de investigación sobre consumo. A parte da materia (teórica ou práctica) superada na 1ª oportunidade-convocatoria, non será obxecto de avaliación na 2ª oportunidade-convocatoria de xullo, considerándose, por tanto, como aprobada inicialmente, aínda que terá que examinarse da parte da materia non aprobada na 2ª oportunidade-convocatoria de xullo para poder obter o aprobado final da materia no curso académico correspondente. O alumnado (avaliación Continua e Non Continua) que suspenda ou non se presente á 1ª oportunidade-convocatoria deberá que ir á 2ª oportunidade-convocatoria de xullo e terá que realizar unha proba escrita de preguntas sobre a materia. O exame terá dúas partes diferenciadas: a) preguntas pechadas (tipo test) e abertas (desenvolvemento) sobre o contido teórico e b) preguntas abertas sobre a parte práctica de metodoloxía e elaboración dun proxecto de investigación. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). |