O alumnado asistente e o non asistente ten que alcanzar o 50% en cada unha das probas para superar a materia. Alumnado non asistente: Realización dun traballo relacionado cos contidos da materia, pautado entre o alumnado e o profesorado (40%), resumo e comentario crítico de dous libros da Bibliografia da materia, pautados polo profesorado (20%), exame final da materia (40%). Para ambas modalidades de avaliación, as partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico As datas oficiais de exame poden consultarse na páxina web da Facultade,
no apartado de organización académica, espazo "datas de exames". En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio. |