Código |
Descrición |
A1 |
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B2 |
Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva |
B3 |
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas do estudantado, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos |
C7 |
Identificar dificultades de aprendizaxe, disfunciones cognitivas e as relacionadas coa atención. |
C8 |
Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e da docente na atención ás necesidades educativas especiais que se susciten |
C9 |
Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades. |
C21 |
Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do periodo 0-3 e do periodo 3-6. |
C22 |
Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto. |
C28 |
Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil. |
C34 |
Coñecer estratexias didácticas para desenvolver representacións numéricas e nocións espaciais, xeométricas e de desenvolvemento lóxico. |
C42 |
Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes. |
C43 |
Favorecer as capacidades de fala e de escritura. |
C47 |
Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino. |
C50 |
Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura. |
D2 |
Capacidade de organización e planificación |
D3 |
Comunicación oral e escrita |
D7 |
Resolución de problemas |
D9 |
Traballo en equipo |