Guia docente 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Prevención e tratamento das dificultades na aprendizaxe da lectura, escritura e cálculo
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B2 Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva
B3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas do estudantado, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos
C7 Identificar dificultades de aprendizaxe, disfunciones cognitivas e as relacionadas coa atención.
C8 Saber informar a outros profesionais especialistas para abordar a colaboración do centro e da docente na atención ás necesidades educativas especiais que se susciten
C9 Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades.
C21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do periodo 0-3 e do periodo 3-6.
C22 Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
C28 Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil.
C34 Coñecer estratexias didácticas para desenvolver representacións numéricas e nocións espaciais, xeométricas e de desenvolvemento lóxico.
C42 Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
C43 Favorecer as capacidades de fala e de escritura.
C47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
C50 Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
D2 Capacidade de organización e planificación
D3 Comunicación oral e escrita
D7 Resolución de problemas
D9 Traballo en equipo
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000