Existen dúas modalidades de avaliación: Alumnado da modalidade de Avaliación Continua: Para o alumnado que siga a avaliación Continua, os traballos serán obrigatorios e contará a asistencia a clase, que tamén será obrigatoria (requírese unha asistencia regular de polo menos o 80% das sesións). Os traballos poderán ser entregados na aula ou subidos á plataforma (Moovi) según o calendario que sexa establecido. Para superar a asignatura será necesario que os alumnos obteñan polo menos o 50% da cualificación proposta para cada apartado, en cada proba ou actividade obxecto de avaliación. Aquel alumnado que non supere algunha das probas ou actividades obxecto de avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo. Alumnado da modalidade Avaliación Global: No caso de que un alumno ou alumna non poda seguir a avaliación continua e o traballo en grupo supervisado polo profesorado, terá unha avaliación das competencias da materia, na primeira convocatoria e nas seguintes, que incluirá: unha proba dos contidos teóricos da materia (40% da nota final); un ou varios traballos de materia (40% da nota), e unha proba dos contidos prácticos da disciplina (20%). Para aprobar a materia, o alumno deberá obter polo menos o 50% da calificación establecida cada unha destas tres partes. Todas as datas de exámenes oficiais pódense consultar na WEB da Facultade de Educación e Traballo Social, no apartado “Docencia”, “Exámenes” ou no seguinte enlace: http://fcce.uvigo.es/es/docencia/examenes/ As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT). Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi. As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo "datas exames". |