Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 0-6 anos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto co alumnado, así como a presentar a materia.
Debate Actividades na que dúas ou máis grupos defenden posturas contrarias sobre un tema determinado.
Lección maxistral Exposición dos contidos da materia.
Traballo tutelado Prácticas desenvoltas nos grupos pequenos (C) guiadas polo docente.
Cartafol/dossier Dossier do conxunto de tarefas realizadas na aula e rematadas en casa nos grupos B.
Aprendizaxe colaborativa O estudante en grupos base traballará contidos teóricos e prácticos a través de diferentes estruturas cooperativas simples e complexas.
Esta materia forma parte do Proxecto de innovación docente da Facutlade de Educación e Traballo social.
Aprendizaxe-servizo Existe a posibilidade de que os estudantes substitúan unha tarefa do Cartafol/dossier e Aprendizaxe colaborativa por unha proposta de Aprendizaxe Servizo (APS) “Educa na diversidade para transformar a sociedade” que terá unha duración de 6 horas e consiste nun traballo en equipo, guiados por un plan de traballo que concreta as actividades, as entregas e os prazos. As fase e actividades do traballo tutelado son catro: 1) revisión bibliográfica; 2º) deseño do produto que se pon ao servizo da comunidade. 3º) Verificación do produto. 4º) De exposición e presentación do produto. Este plan de traballo adaptase ao tema e poboación que se vai a estudar e coa que se vai a intervir.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000