Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Análise contable
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame que contén preguntas curtas de resposta obxectiva que servirá para avaliar a comprensión do alumnado sobre diferentes conceptos teóricos e a súa aplicación práctica. 30 B2
B3
B4
B5
C4
C6
D1
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas que consisten na resolución por parte do alumnado de exercicios e/ou problemas numéricos e de interpretación sobre os contidos da materia. 70 B2
B3
B4
B5
C4
C6
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na avaliación continua, cada proba puntua sobre 10 puntos, pero a ponderación é: Introdución e Contas Individuais 30% (exame de preguntas obxectivas), Contas Consolidadas 20% (resolución de problemas e/ou exercicios), Análise contable 30% (resolución de problemas e/ou exercicios), Traballo análise contas anuais 20% (resolución de problemas e/ou exercicios). 

Superará a materia o alumnado que obteña máis de 4 puntos en cada proba e cuxa nota media sexa igual ou superior a 5 puntos.

O exame final permitirá mellorar a nota obtida na avaliación continua. 

Se o alumnado non supera as probas ou actividades pendentes no exame final, a nota máxima final da materia será de 4,5. 

Como alternativa ao sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar por ser avaliado cun exame final que representará o 100% da cualificación. Deberá obter un mínimo de 5 sobre 10 para aprobar. 

Na convocatoria final, o exame representará o 100% da cualificación, debendo obter un 5 sobre 10 para aprobar.

As datas dos exames deberán consultarse na páxina web da Facultade.

O horario de titorías estará dispoñible na plataforma MOOVI.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000