Para superar a materia por avaliación continua é necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na parte práctica da materia e unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na parte teórica da materia. Como alternativa ao sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar por ser avaliado mediante un exame final que suporá o 100% da nota, composto tamén por unha parte teórica e outra práctica. Deberá obter polo menos 5 puntos sobre 10 en cada unha das partes. Neste caso, deberán solicitar á profesora da materia a través do correo electrónico (naraujo@uvigo.es) que se avalíe desta forma e renunciar á avaliación continua entre o 11 de setembro e o 11 de outubro de 2024. A profesora remitirá un acuse de recibo do correo electrónico e de aceptación do cambio no sistema de avaliación. Se o alumno non recibe un correo electrónico da profesora, a solicitude non será válida. A puntuación obtida pola participación, así como a realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas polo profesor (casos, exercicios, supostos, parte teórica da materia), mantense nas convocatorias de xuño e xullo deste curso académico, pero non se garda para cursos posteriores. Se o alumno non supera a materia en primeira convocatoria, poderá acudir á convocatoria extraordinaria. Os alumnos que renunciasen á avaliación continua realizarán un exame de dúas partes, teoría e práctica. Cada un deles valerá o 50% da nota e será necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte para superar a materia. O alumnado que tivese seguido avaliación continua durante o curso deberá recuperar a/s parte/s non superada/s (teoría e/ou práctica) na convocatoria extraordinaria. As datas e programas das probas de avaliación das distintas convocatorias son as especificados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2024-25. |