Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección comercial II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Casos de estudo 10 B1
B5
B9
C14
Presentación Presentacións en clase 20 B1
B5
B9
C14
Traballo tutelado En grupos medianos 10 B1
B5
B13
C14
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse durante o curso 2 exames de elección múltiple, valendo cada un deles o 30% da nota. 60 B1
B5
B13
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia por avaliación continua é necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na parte práctica da materia e unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na parte teórica da materia.

Como alternativa ao sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar por ser avaliado mediante un exame final que suporá o 100% da nota, composto tamén por unha parte teórica e outra práctica. Deberá obter polo menos 5 puntos sobre 10 en cada unha das partes. Neste caso, deberán solicitar á profesora da materia a través do correo electrónico (naraujo@uvigo.es) que se avalíe desta forma e renunciar á avaliación continua entre o 11 de setembro e o 11 de outubro de 2024. A profesora remitirá un acuse de recibo do correo electrónico e de aceptación do cambio no sistema de avaliación. Se o alumno non recibe un correo electrónico da profesora, a solicitude non será válida.

A puntuación obtida pola participación, así como a realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas polo profesor (casos, exercicios, supostos, parte teórica da materia), mantense nas convocatorias de xuño e xullo deste curso académico, pero non se garda para cursos posteriores.

Se o alumno non supera a materia en primeira convocatoria, poderá acudir á convocatoria extraordinaria. Os alumnos que renunciasen á avaliación continua realizarán un exame de dúas partes, teoría e práctica. Cada un deles valerá o 50% da nota e será necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte para superar a materia. O alumnado que tivese seguido avaliación continua durante o curso deberá recuperar a/s parte/s non superada/s (teoría e/ou práctica) na convocatoria extraordinaria.

As datas e programas das probas de avaliación das distintas convocatorias son as especificados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2024-25.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000