O alumnado terá a oportunidade de ser avaliado polo sistema de avaliación continua ou polo sistema de avaliación global. 1. OUTROS COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN. SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA Unha vez transcorrido un mes desde o inicio do cuadrimestre no que se imparte a materia, habilitarase un prazo de dez días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. ¿Que alumnos poden someterse ao sistema de avaliación continua?Só poderá someterse ao sistema de avaliación continua quen realice as dúas probas tipo test de contido teórico, a proba de resolución de caso práctico e o proxecto ou traballo en grupo e de acordo coas instrucións do profesor. Si algún alumno non se presenta a algunha das probas ou non realiza o traballo que se establecen para a avaliación continua, obterá unha nota de 0 en devandita proba, aínda que continuará dentro da avaliación continua. ¿En que consistirá a avaliación para o sistema de avaliación continua?Realizaranse as seguintes probas:- Dúas probas tipo test nas datas fixadas polo profesor. Estas probas terán un contido teórico. A nota media de ambas constituirá o 50% da cualificación final(25% cada unha) - Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta da Facultade. A nota desta proba constituirá o 30% da cualificación final. A realización e presentación dun proxecto ou traballo en grupo e de acordo coas instrucións do profesor. O proxecto ou traballo presentarase na data fixada polo profesor. A nota desta actividade constituirá o 20% da cualificación final.Para superar a materia no sistema de avaliación continua, será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 nas dúas probas teóricas, na proba de resolución de caso práctico e no proxecto ou traballo en grupo. 2. OUTROS COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN. SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL ¿Que alumnos poden someterse ao sistema de avaliación global? Poden someterse ao sistema de avaliación global os alumnos que non se presentaron á totalidade das probas previstas para o sistema de avaliación continua. ¿En que consistirá a avaliación para non asistentes? Realizaranse as seguintes probas:- Unha proba tipo test na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba terá un contido teórico e a nota obtida na mesma constituirá o 50% da cualificación final.- Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. A nota desta proba constituirá o 50% da cualificación final. Para superar a materia será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba teórica e na proba de resolución de caso práctico. 3. OUTROS COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E DE FIN DE CARREIRA Realizaranse as seguintes probas:- Unha proba tipo test na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba terá un contido teórico e a nota obtida na mesma constituirá o 50% da cualificación final.- Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. A nota desta proba constituirá o 50% da cualificación final. Para superar a materia, será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba teórica e na proba de resolución de caso práctico 4.- OUTROS COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA Competencias que se avalían e resultados de aprendizaxe na avaliación para non asistentes na primeira opción, segunda opción e fin de carreira.Competencias avaliadas: as mesmas que no sistema de avaliación para asistentes.Resultados de aprendizaxe avaliados: os mesmos que no sistema de avaliación para asistentes.As datas, horarios e lugar de
realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os
sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o presente curso académico e documentación concordante.As cualificacións publicaranse na
plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso
limitado ao profesorado da materia e a todo o estudiantado matriculado. De
ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático.As tutorías atenderanse no horario de tutorías habitual dos profesores publicado no centro. As tutorías poderán consultarse e solicitar no enlace:http://dereito.uvigo.es/e/docencia/profesorado/manuel-arias-carral/ |