Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. |
B2 |
Coñecer as distintas manifestacións do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual |
B4 |
Ser capaz de identificar problemas xurídicos e abordar a súa solución de modo interdisciplinar |
C48 |
CEI 1 - Comprender e coñecer o conxunto normativo internacional da sustentabilidade composto por convenios e por regulación ou formularios promovidos por organizacións non gobernamentais. |
C49 |
CEI 2- Ser capaz de identificar os problemas xurídicos propios do Dereito internacional do desenvolvemento sustentable, abordando a súa solución de modo interdisciplinar, así como ser capaz de interpretar e analizar críticamente os aspectos xurídico-técnicos propios da litigación internacional. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese para a elaboración e defensa de argumentos, así como, organización, planificación e utilización do tempo ante situacións de presión. |
D2 |
Uso de linguas estranxeiras nas actividades das diferentes materias. |
D5 |
Ser capaz de resolver problemas e interpretar datos derivados da realidade en relación co seu significado e relacionalos coas distintas ramas do ordenamento xurídico. |