Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Litigación internacional e sostibilidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse distintas probas teóricas de resposta curta ao longo do curso, para evidenciar que o alumnado adquire as competencias sinaladas.
Como resultado da aprendizaxe, o alumnado coñece e pode manexar as normas e a xurisprudencia relativa aos litixios sobre sustentabilidade que presentan elemento estranxeiro
40 A2
A3
A5
B1
B2
B4
C48
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
Como resultado da aprendizaxe, o alumnado coñece e pode manexar as normas e a xurisprudencia relativa aos litixios sobre sustentabilidade que presentan elemento estranxeiro
40 B4
C49
D2
D5
Debate Proba que se realizará baixo a modalidade dun debate teórico sobre temas do programa, un debate sobre un litixio real ou ficticio, ou ben unha exposición sobre algún tema do programa 20 B4
C49
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS: 

En avaliación continua, realizarase un mínimo de dous parciais liberatorios que valerán un 40% da nota final en conxunto (20% cada un), coa metodoloxía "exame de preguntas obxectivas", de cara a coñecer e poder manexar as normas e a xurisprudencia relativa aos litixios sobre sustentabilidade que presentan elemento estranxeiro, como resultado da aprendizaxe.

Ademais, realizaranse polo menos dúas probas de tipo práctico que valerán outro 40% da nota final en conxunto (20% cada unha), coa metodoloxía "resolución de problemas e/ou exercicios", de cara tamén ao dito resultado de aprendizaxe
O 20% restante da nota procederá da asistencia a clase e da participación nos debates e nas actividades que se organicen, coa metodoloxía de "debate" e de cara asemade aos resultados de aprendizaxe expostos.

O conxunto das probas previstas axustaranse ás competencias descritas no apartado correspondente desta guía docente, que resultarán avaliadas como consecuencia daquelas. 

Non se exixe cualificación mínima e as probas non son recuperables, agás circunstancias excepcionais. Para puntuar no apartado de "debate" requírse unha asistencia mínima equivalente ao 80% das clases.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN FINAL PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS:

O alumnado que non supere a avaliación continua ou que non a siga por calquera motivo será avaliado mediante un exame final teórico por valor do 50% da nota e outro práctico por valor doutro 50%, segundo as convocatorias que se publiquen por parte do decanato da Facultade para o curso 2023-2024, consonte as metodoloxías e cara á obtención dos mesmos resultados de aprendizaxe e avaliación de competencias descritas no apartado anterior.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA:

Para a segunda edición de actas e fin de carreira aplicarase o mesmo sistema descrito no apartado anterior.

Unha vez superado o prazo dun mes, desde o comezo do cuadrimestre no que se
imparte a materia, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado
matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de
avaliación continua

As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes
convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola
Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante

As cualificacións
publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da
Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da
materia e a todo o estudantado matriculado. De ser necesario,
por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de
avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións
publicaranse no mesmo soporte telemático.

O alumnado que, a xuízo do profesor, incumpla o compromiso ético esixido pola Universidade de Vigo en relación coa realización de probas, será automáticamente expulsado da avaliación continua, sen prexuízo de outras accións que poidan derivar da súa conduta.

As titorías do profesorado da materia pode consultarse e/ou solicitarse no/ seguinte/s
enlace/s: http://dereito.uvigo.es/es/docencia/profesorado/miguel-angel-michinel-alvarez/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000