Se a cantidade de alumnado matriculado e as circunstancias sanitarias o esixen, impartirase docencia mixta, a través das Aulas Integra, con rotación do alumnado presente nas aulas.
Se é necesario pasar á modalidade de docencia non presencial, a docencia tanto teórica como práctica será impartida de forma telemática a través do Campus Remoto e o exame teórico final con preguntas de desenvolvemento substituirase por un exame tipo test a través de faitic.
En todas as modalidades de ensino, as sesións de titoría cos profesores pódense establecer por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros FAITIC ...), baixo concertación previa. |