Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Unión Europea, constitución e medio ambiente
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Os coñecementos adquiridos na sesión maxistral serán avaliados mediante 2 probas escrita na que se exporán cuestións de desenvolvemento sobre epígrafes do programa. A mediados do primeiro cuadrimestre, unha vez terminada a impartición da materia pola área de Dereito Constitucional terá lugar o primeiro exame parcial, que se valorará cun máximo de 4 puntos (40%). Unha vez terminado o cuadrimestre e o segundo bloque da materia impartido na segunda metade do cuadrimestre pola área de Dereito Internacional, celebrarase o exame teórico parcial desta parte na data de celebración do exame aprobada en Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 para a convocatoria de xaneiro. Igual que o anterior, este exame valorarase até un máximo de 4 puntos (40%).

Resultados de aprendizaxe: O obxectivo desta materia é que o alumno sexa capaz de comprender, analizar e manexar a complexa, diversa e dispersa regulación do medio ambiente, desde unha perspectiva nacional, internacional e comunitaria
80 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C37
C38
C82
Resolución de problemas e/ou exercicios O traballo na aula valorarase en atención aos traballos prácticos que serán obxecto de exposición na aula. Esta proba valorarase até un máximo de 2 puntos (20%) -1 punto (10%) por área de coñecemento-.

Resultados de aprendizaxe: O obxectivo desta materia é que o alumno sexa capaz de comprender, analizar e manexar a complexa, diversa e dispersa regulación do medio ambiente, desde unha perspectiva nacional, internacional e comunitaria
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C37
C38
D1
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia impartirase por dúas áreas de coñecemento: Dereito Constitucional e Dereito Internacional Público. A área  de Dereito Constitucional impartirá esta materia durante a primeira metade do primeiro cuadrimestre (bloque I) e a área de Dereito Internacional Público durante a segunda metade do primeiro cuadrimestre (bloque II). 

Esta materia ten dúas modalidades de avaliación: continua e final. Neste sentido, habilitarase un prazo de 10 días ao comezo do cuadrimestre para que o alumnado matriculado, manifeste, formalmente, o sistema de avaliación que desexa seguir.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS

O alumnado que opte pola avaliación continua, realizará ao longo do curso as diferentes probas descritas na apartado avaliación desta guía, é dicir: 1) un exame parcial a metade de cuadrimestre sobre o temario explicado na primeira metade (correspondente á área de Dereito Constitucional, temas 1 a 6); 2) outro exame parcial na data establecida no calendario de exames da Facultade para a convocatoria de Xaneiro (correspondente á área de Dereito Internacional Público, temas 7 a 12), así como 3) a resolución de casos prácticos que se exporán nos grupos medianos. 
Para poder seguir a modalidade de avaliación continúa o alumnado deberá asistir a un 80% das clases prácticas, nas que se poderá conseguir un máximo de 2 puntos (1 por cada área).
Con cada un dos 2 exames parciais os alumnos poderán conseguir un máximo de 4 puntos. Será necesario alcanzar polo menos 2 puntos en cada un deles. 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN FINAL PARA 1ª EDICIÓN DE ACTAS

Aqueles alumnos que non se sometan á avaliación continua, a proba para realizar, modalidade avaliación final, constará de dous partes: a realización dunha proba escrita con cuestións de desenvolvemento, así como a resolución dun caso práctico. A proba escrita cualificarase sobre un máximo de 8 puntos (4 puntos por cada área de coñecemento) e a resolución do caso práctico sobre un máximo de 2 (1 punto por cada área de coñecemento). A nota da resolución do caso práctico só llo seu sumará á da proba escrita a condición de que a cualificación obtida nesta sexa igual ou superior a 4, sendo necesario superar as dúas partes do exame (é dicir, alcanzar polo menos un 2 nas preguntas de cada unha das dúas áreas de coñecemento). En todo caso, as competencias e resultados de aprendizaxe avaliados serán os mesmos que no sistema de avaliación continua.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARRERA

1.Os alumnos que, optando polo sistema de avaliación continua non superen a materia na primeira oportunidade, conservaráselles a nota das clases prácticas e, no seu caso, do exame parcial que superasen (para o exame de xuño e no seu caso, seguinte curso académico), tendo que realizar exclusivamente e con carácter obrigatorio, o exame parcial da área de coñecemento que non superasen, do mesmo xeito que na primeira oportunidade. Só se sumará a cualificación das clases prácticas e do parcial superado se no exame parcial da área de coñecemento correspondente alcánzase unha nota igual ou superior a 2 puntos (sobre 4). As competencias e resultados de aprendizaxe avaliados serán os mesmos que na primeira edición de actas.
2. Aqueles alumnos que optasen polo sistema de avaliación final, o sistema avaliación será o que se establece nos criterios de avaliación final 1ª edición de Actas.
3. A avaliación correspondente á Convocatoria Fin de carreira será igual que a da modalidade de sistema de avaliación final descrita nesta guía. 
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes materias serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o Curso 2023-2024.


Publicación das cualificacións: As cualificacións publicaranse no plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e a todo o alumnado matriculado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000