A materia Sistema Xudicial Español e Proceso Civil estructurase en dúas partes. Na primera parte, á que se dedicará 1/3 da carga lectiva, estúdase básicamente, o concepto e garantías da xurisdición, a organización dos órganos xurisdicionais, o persoal dos órganos xurisdicionais e o colaborador, así coma os principios rectores do proceso. A segunda parte, que ocupará os 2/3 da carga lectiva, dedícase ao estudo do proceso civil: suxeitos e obxecto do proceso; desenvolvemento do proceso nas súas distintas modalidades; a proba no proceso civil; as medidas cautelares; os recursos e a execución forzosa.