No suposto de que se activen medidas extraordinarias tanto de docencia mixta síncrona como non presencial manteranse as diferentes metodoloxías. En ambos os supostos, a docencia impartiríase virtualmente a través do Campus Integra.
Así mesmo, manteríase o sistema de avaliación tanto na docencia mixta síncrona como non presencial cunha única excepción, relativa ao exame final, dado que si este non se puidese celebrar presencialmente, a proba de preguntas de desenvolvemento substituiríase por un exame tipo test a realizar na plataforma Faitic.
Por outra banda, en relación á atención ao alumnado, se as titorías non puidesen realizarse presencialmente, desenvolveríanse virtualmente a través o Campus Integra, por email ou a través da Plataforma Faitic. |