Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito internacional público
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do Ordenamento xurídico que está destinado a regular a sociedade/comunidade internacional, facilitando a comprensión entre o alumnado dos problemas básicos que rodean aquel. Desde unha perspectiva xurídico-formal, o Dereito internacional preséntaselle ao alumnado na súa dimensión positiva, ofrecendo o maior número posible de referencias á normativa en vigor. Esta perspectiva complétase cunha aproximación histórico-sociolóxica, expoñendo ao alumnado as realidades subxacentes ás normas e o medio concreto en que estas están chamadas a rexer, posto que para un ensino eficaz da materia é fundamental unha exposición dos acontecementos históricos e dos acontecementos sociolóxicos. Así mesmo, ambos os enfoques acompáñanse dunha aproximación axiolóxica ao dereito internacional, coa finalidade de procurar unha constante valoración da norma co ideal de Xustiza. Desde logo, a dimensión finalista da actividade docente conduce a que o ensino non se reduza a unha descrición do ordenamento xurídico internacional, senón que debe facerse reflexionar o alumno sobre o conxunto de valores que inspiran e aos que aspira este ordenamento. Desta forma, ao ensinar e difundir o Dereito internacional preténdese contribuír, en boa medida, a facer progresar a Sociedade internacional e os suxeitos que a compoñen na vía da paz. Tendo en conta o contido esencial desta disciplina científica, a súa docencia exponse desde unha visión realista, pero co firme propósito de facer partícipe o alumnado dos valores que inspiran o ordenamento xurídico internacional, apuntando, cando sexa posible, suxestións para a mellora das normas que o integran e insistindo, sobre todo, no seu cumprimento. Neste contexto sitúase unha das funcións máis importantes da docencia do Dereito internacional público: demostrarlle ao estudantado, e convencelo, de que esta é unha disciplina cada vez máis relevante na formación de todo xurista e que tomen conciencia da perspectiva internacional, que lles confire o coñecemento do Ordenamento xurídico internacional, como un elemento imprescindible do mundo interdependente. A función docente universitaria, en que se combina unha función informativa e outra formativa, debe servir para formar xuristas que poidan atopar saídas profesionais vinculadas cos seus estudos pero, sobre todo, tamén debe servir para formar e potenciar as capacidades intelectuais dos estudantes para que poidan e saiban afrontar de forma crítica os valores e as actitudes sociais que se desenvolven nas sociedades nacionais e internacional de que eles forman parte. A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
C35
C36
D1
D2
D3
D4
D5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000