Traballo |
É un texto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo unhas normas establecidas. |
40 |
A4
|
|
C13 C14
|
D3
|
Segundo
o establecido no “Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade
de Vigo”, do 2023, existen dous sistemas de avaliación que o alumnado
poderá elixir: o preferente, que se aplicará por defecto, de “avaliación
continua” (probas e actividades diversificadas que teñen lugar ao longo do
cuadrimestre), e o denominado de “avaliación global” (exames e/ou
entrega de traballos/exercicios a realizar nas datas oficiais de avaliación
establecidas no calendario académico), que deberá ser expresamente solicitado
polo alumnado interesado, e comunicado ao profesorado responsable no prazo
máximo de 31 días desde o início do cuadrimestre. As probas de “avaliación global” desta materia consistirán no siguiente: Exame de preguntas obxectivas (40%); entrega dun traballo obrigatorio (40%); resolución de problemas e/ou exercicios (20%). O alumnado ten dúas convocatorias/oportunidades de avaliación. A primeira lévase a cabo durante o cuadrimestre de docencia. A segunda (ou de 2ª oportunidade) realizaráse no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á plataforma docente. |