A docencia da materia desenvolverase sempre de maneira telemática presencial, ben sexa síncrona ou asíncrona, utilizando a plataforma docente Moodle (MooVi) e participando nas actividades docentes a través de multivideoconferencia (Campus Remoto).
Para poder recibir a docencia de maneira efectiva, recoméndase, previamente ao comezo da materia, consultar o manual de acceso á plataforma e seguir as especificacións técnicas para poder asistir ás sesións remotas. É imprescindible que o alumno acceda á plataforma docente da materia previamente ao comezo da mesma.
Coa finalidade de complementar a actividade docente, achegaranse diversos recursos (materiais audiovisuais, documentos, ligazóns, etc) a través da plataforma de teledocencia).
As actividades relaciónanse co Grupo de Innovación Docente en EducAcción Patrimonial da Universidade de Vigo.
Links de interese:
• Observatorio de Educación Patrimonial de España http:// www5.uva.es/ oepe/externa. php#
• Observatorio de Innovación Social e Patrimonio ( HESIOD) http://hesiod.eu/es/# hesiod
• Plan Nacional de Educación e Patrimonio http://ipce.mcu.es/pdfs/pneducpatrimonio.pdf),
• Rede Internacional de Educación Patrimonial http:// ceballos4. wixsite. com/observatorio- oepe/ riep |