A docencia da materia desenvolverase sempre de maneira telemática presencial, ben sexa síncrona ou asíncrona, utilizando a plataforma docente Moodle (MooVi) e participando nas actividades docentes a través de multivideoconferencia (e-meeting, Campus Remoto).
Para poder recibir a docencia de maneira efectiva, recoméndase, previamente ao comezo da materia, consultar o manual de acceso á plataforma e seguir as especificacións técnicas para poder asistir ás sesións remotas. É imprescindible que o alumno acceda á plataforma docente da materia previamente ao comezo da mesma.
Para a culminación exitosa da materia é recomendable o seguimento do cronograma que estará accesible ao comezo do Máster, o cal facilitará a debida realización das actividades planificadas pola docente.
As lecturas obrigatorias da materia están dispoñibles na plataforma MooVi.
Non se avaliará ningunha actividade nin traballo presentado fóra de prazo.
É recomendable formular calquera dúbida á docente da materia para poder emendala o máis axiña posible.
A avaliación da convocatoria ordinaria e a segunda convocatoria realizarase de igual modo.
|