Establécense dous
sistemas de avaliación: continua (probas e actividades desenvolvidas ao longo
do cuatrimestre) e global (datas oficiais de exame para cada oportunidade de
avaliación establecida no calendario académico), entre os que o alumnado poderá
elexir. Para superar a avaliación contínua o alumnado deberá acadar
una calificación mínima do 50% en cada un dos ítems de avaliación. En caso de
non acadar a calificación mínima nalgún dos ítems de avaliación, a máxima nota
posible será a máis alta dentro do suspenso (Artigo 32.2 do Regulamento sobre a Avaliación da Universidade de Vigo, do 2023). O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual naplataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial:seguimento na aula. Docencia nonpresencial: Campus Remoto (enlace en MooVi). Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma deteledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas comopropias" (dle-rae). Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase apartir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a
modalidade de “avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable
da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre
(artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da
docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, do 2023). O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global
será avaliado do programa da materia mediante una proba teórica (40%) e un
traballo obrigatorio a consensuar co profesorado (60%) |