Estudo e comprensión dos grandes acontecementos histórico-artísticos de Galicia dende a Idade Media ata o presente. O estudo preséntase mediante a análise das obras de arte máis relevantes, seleccionadas e interpretadas como un documento de excepción dos gustos estéticos e da mentalidade do pasado.