Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia da arte de Galicia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Toma de contacto cos alumnos para a explicación do programa da materia, actividades a realizar e sistemas de avaliación
Lección maxistral Clases teóricas nas que o profesor/a explica os contidos teóricos da materia coa axuda de proxeccións de imaxes, power point, documentos e outros recursos docentes
Saídas de estudo Saídas de estudo fora do ámbito académico para un contacto directo coa obra de arte: visita a exposicións permanentes e temporais, coleccións e fondos museísticos, monumentos e conxuntos histórico-artísticos.
Traballo tutelado Traballos dirixidos á profundización na materia e ao fortalecemento das capacidades analíticas e expositivas do alumno/a. Consisten na elaboración dun traballo, de carácter individual sobre a dimensión patrimonial dunha determinada parroquia, basado na consulta das fontes documentais de arquivo (Libros de Fábrica e Libros de Visitas).
Eventos científicos Saídas programadas para asistir a actividades docentes e divulgativas organizadas por museos ou outras institucións culturais.
Reservaranse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas polo Departamento de Historia, Arte e Xeografía de xeito que computan nas actividades dirixidas.
Seminario Apoio á formación do alumnado, resolvendo as dúbidas en relación coa materia e orientación do seu estudo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000