Lección maxistral |
Exposición detallada por parte do docente dos contidos teóricos da materia, destacando aquelas liñas básicas que haberán de permitir o desenvolvemento das actividades relacionadas co temario. |
Obradoiro |
Actividades encamiñadas ao traballo intensivo do alumnado sobre un aspecto, tema ou conxunto de temas do programa, que implicará a lectura e manexo de bibliografía específica, responder a preguntas guía formuladas polo docente, a realización de ensaios e cuestionarios, así como a participación nas sesións de debate que leven a cabo. Dentro das mesmas inclúense dous seminarios programados. |
Seminario |
Seguimento e aclaración de dúbidas sobre os contidos da materia, así como doutros traballos e exercicios prácticos requiridos aos alumnos. |