O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (Moovi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi). Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados de aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial o remota) que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder ao mesmo porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estadísticas de acceso, realización de probas ou exercicios on line, etc.). As sesións de lección maxistral do profesor serán gravadas en vídeo. Estas gravacións quedarán a libre disposición dos alumnos a través da plataforma Moodle, onde poderán visualizalas asíncronamente no momento que o estimen oportuno. Idénticas condicións rexen para a segunda convocatoria. Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de "avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado" da Universidade de Vigo). Serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará un 30% da mesma. |