A materia Fontes de Información en Humanidades permite ao alumnado identificar e coñecer a natureza, función e tipoloxía das principaiss fontes de información no ámbito das humanidades.
Permite tamén coñecer e utilizar os principais instrumentos e recursos de recompilación de información existentes, co fin de elaborar repertorios de fontes de información en Historia, Historia da Arte e Xeografía.
Por último, capacita aos estudantes para utilizar con destreza distintos estilos de citas e referencias bibliográficas.