Eventos científicos |
Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de tématica transversal organizadas desde o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación práctica dos coñecementos e de adquisición de habilidades procedementais, utilizando aparellos (ordenador, estereoscopo, teodolito etc.) e manexando materiais (programas informáticos, cartografía, fotografía aérea etc) propios da metodoloxía arqueolóxica. Desenvolveranse no laboratorio de Arqueoloxía (LAUV) e nos terreos do campus próximos á facultade. |
Seminario |
Actividades en grupo reducido enfocadas ao traballo sobre un tema específico e concreto, especialmente a resolución de exercicios e casos prácticos sobre o tema.
|