Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Xestión de residuos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avaliarase mediante a realización dun exame nas datas oficiais establecidas para ese efecto.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2
40 B1
C19
D2
D3
D4
D5
Seminario Durante os seminarios, realizaranse probas curtas e/ou se proporán entregas de traballos.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3
20 A3
A4
B1
B2
C19
D2
D3
D4
D5
D8
Prácticas de laboratorio Cualificarase mediante a asistencia ás mesmas, a actitude, a calidade dos resultados e a calidade da memoria de prácticas que é de entrega obrigatoria nas datas que designe o profesorado.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3.
20 A3
A4
B1
B2
C19
D2
D3
D4
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación Continua. Aqueles alumnos que desexen realizar a Avaliación Global (100% da nota do exame oficial) deberán comunicalo ao responsable da materia, por correo electrónico ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o inicio do curso.

Independentemente do sistema elixido, o alumno SEMPRE deberá poder obter o 100% da nota.

A asistencia a clase pódese avaliar na Avaliación Continua.

2) Avaliación final do bimestre:

2.1) Exame: é necesario obter un mínimo no exame oficial para aprobar a materia. Este exame suporá o 40% da nota total. O exame pode indicar os requisitos necesarios para aprobar a materia (como obter unha puntuación mínima nalgunha parte do exame).

2.2) Prácticas de laboratorio: A asistencia ás prácticas de laboratorio é obligatoria para todo o alumnado, independientemente de que opten por avaliación continua ou por avaliación global (agás unha causa debidamente xustificada). A puntuación máxima suporá o 20% da nota global (5% corresponderá a actitude e desempeño na práctica de laboratorio e o 15% restante nun cuestionario tipo test ou preguntas cortas final sobre as mesmas). Aqueles alumnos que fixeron as prácticas en cursos anteriores poderán optar por facer o exame ou que se lles teña en conta a nota acadada no seu momento.

2.3) Seminarios: a cualificación deste apartado será a suma das obtidas en cada un dos traballos realizados e terá un valor máximo do 40% da nota global. Se o profesor considera que un alumno copia unha parte substancial dun traballo ou entrega, o devandito traballo valorarase cun -10% da nota global.

2.4) Cualificación da materia: para o alumno que non supere o exame, a cualificación da materia será a do exame, sen engadir a parte correspondente a os "Seminarios" e "Prácticas de laboratorio". O estudante que teña algunha cualificación (xa sexa en seminarios, prácticas de laboratorio ou no exame) non poderá tomar a nota de "Non Presentado".

3) Convocatoria Fin de Curso: será avaliado só co exame (que valerá o 100% da nota , no que 80% serán avaliadas cuestións relacionadas có temario da asignatura e 20 % coa parte experimental da materia). No caso de non asistir a dito exame , ou de non superalo, serán avaliados como o resto do alumnado nas demais oportunidades ao longo do curso.

4) Convocatoria segunda oportunidade (xullo): na segunda oportunidade o alumno poderá elixir entre manter a nota das metodoloxías "Seminarios" e "Prácticas de laboratorio" ou que non se manteña ningunha delas. A opción por defecto será manter as notas das metodoloxías "Seminarios" e "Prácticas de Laboratorio".

5) Comunicación co alumnado: a comunicación co alumnado (notas, convocatorias, etc.) realizarase a través da plataforma Moovi.

6) Exames: as datas de exame son as aprobadas pola Facultade de Ciencias, publicadas na páxina web do Centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000