Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Xestión de residuos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral Avaliarase mediante a realización dun exame nas datas oficiais establecidas para ese efecto.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2
40 CG1
CE19
CT1
CT3
CT4
CT5
CT8
Seminario Durante os seminarios, realizaranse probas curtas e/ou se proporán entregas de traballos.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2
40 CG1
CE19
CT1
CT3
CT4
CT5
Prácticas de laboratorio Cualificarase mediante a asistencia ás mesmas, a actitude, a calidade dos resultados e a calidade da memoria de prácticas que é de entrega obrigatoria nas datas que designe o profesorado.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2
20 CG1
CT1
CT3
CT4
CT5
CT8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1) Alumnos con responsabilidades laborais: considerarase por defecto que os alumnos seguen a
materia na modalidade presencial. No caso de alumnos que queiran acollerse
a unha modalidade non presencial, deberán porse en contacto co responsable
da materia durante as dúas primeiras semanas de clase mediante e-mail (á
dirección do coordinador da materia). Devanditos alumnos deberán aducir motivos razoables e
probados para tal elección e indicaráselle, en función de cada caso, como
deben cursar e examinarse das metodoloxías de "Seminarios" e "Prácticas de laboratorio". O resto da avaliación será igual que
para os alumnos presenciais.

2) Avaliación final do bimestre:

2.1) Exame: é obrigatorio aprobar o
exame oficial para poder aprobar a materia. Devandito exame supón un 40% da
nota total, polo que se deberá obter un mínimo de 20% da nota total neste
exame . No exame poderanse indicar requisitos necesarios para superar
a materia (como obter un mínimo de puntuación nalgunha parte do exame).

2.2) Prácticas de laboratorio: a
asistencia ás prácticas de laboratorio (como mínimo ó 80% das horas) e a entrega da memoria é
obrigatoria para poder aprobar a materia na modalidade presencial. A
puntuación máxima suporá o 20% da nota global.

2.3) Seminarios: a cualificación neste
apartado será a suma das obtidas en cada unha das probas que se realice
e poderá chegar ao 40% da nota global (para o alumno que realizase
todas correctamente). Cando se constante que algunha proba ou entrega
foi copiada nunha extensión que o responsable da materia considere
substancial, esa entrega valorarase cun -10% da nota total da
materia.

2.4) Cualificación da materia: para
o alumno que non supere o exame, a cualificación da materia será a do
exame, sen sumárselle as partes correspondentes a "Seminarios" e "Prácticas de laboratorio". O alumno que teña algunha cualificación
(xa sexa en prácticas de laboratorio, seminarios ou no exame) non poderá levar
a nota de "Non Presentado".

3) Convocatoria de fin de carreira: o alumno que opte por examinarse en fin de carreira
será avaliado unicamente co exame (que valerá o 100% da nota). En caso
de non asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito
que o resto de alumnos nas outras oportunidades existentes ó longo do curso.

4) Segunda edición da acta (xullo): na segunda edición, o alumno poderá
elixir entre que se lle manteña a nota da metodoloxía de "Seminarios"
e "Prácticas de laboratorio" (valoradas respectivamente có 40 e 20% da nota global) e que o exame siga representando un 40% da nota global, ou que non se lle
manteña alguna delas (e o valor desa metoloxía sumaráse ó valor de exame). A opción
por defecto será manter as notas das metodoloxías de "Seminarios" e "Prácticas de laboratorio". No caso de que algunha proba ou entrega fose
considerada copiada, manterase a nota outorgada en "Seminarios.

5) Comunicación cós alumnos: a comunicación cós alumnos (cualificacións,
convocatorias, etc) realizarase a través da plataforma Tem@.

6) Exames: as datas de exames son as aprobadas pola
Facultade de Ciencias (en caso de erro na transcrición das datas de exames,
as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios
e na web do Centro):

  • Fin de carreira: 15 de setembro de 2020
    ás 16:00.
  • 1ª edición: 26 de marzo de 2021 ás
    10:00.
  • 2ª edición: 8 de xullo de 2021 ás
    10:00.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000