A modalidade de avaliación contínua e preferente. Para elo utilizarase a secuencia de actividades que se realicen. No caso de que se queira optar pola modalidade de avaliación global (100% da calificación no exame final) deberá ser comunicado a profesora coordinadora a través da plataforma MOOVI ou por email, como máximo un mes despois do inicio das clases. Os estudantes que non poidan asistir ás clases prácticas e os seminarios deberán entregar un documento que xustifique, debidamente, o motivo polo que non van asistir a estas actividades. Para estes estudantes o sistema de avaliación será tamen continuo, pero deberán elaborar unha memoria de actividades, similares ás que se realizan en seminarios e en prácticas, segundo lle indique a profesora coordinadora da materia. E requisito imprescindible acadar como mínimo o 40% da cualificación en cada un dos apartados para poder superar a materia. Para a segunda edición manteranse as cualificacións parciais obtidas, podendo ser melloradas a petición de estudante no caso de que non sexan presenciais. A convocatoria Fin de Carreira será un único exame final cun valor do 100% da cualificación. Exames: Fin de Carreira 25/09/2024 ás 16h. 1ª edición 02/06/2025 ás 16h. 2ª edición 11/07/2025 ás 16h. En todo caso, se as datas dos exames non coinciden coas datas publicadas pola Facultade de Ciencias, prevalecerá o establecido na súa páxina Web e no taboleiro de anuncios. |