Contémplanse neste apartado da guía docente distintas
posibilidades de avaliación que se poderán aplicar en cada oportunidade: fin de
bimestre/cuadrimestre, segunda oportunidade-xullo e fin de carreira.
A modalidade de avaliación preferente é a Avaliación
continua. Quen desexe a Avaliación Global (o 100% da cualificación no exame
oficial) debe comunicarllo á responsable da materia, por mail ou a través da
plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da
materia. CONVOCATORIA FIN DE BIMESTRE/ CUADRIMESTRE E SEGUNDA
OPORTUNIDADE-XULLO:
A persoa matriculada poderá decidir se quere ser
avaliada de xeito continuo ou global e debe comunicar á persoa coordinadora a
cal se acolle. Nos dous casos, aínda que con distinto peso con respecto á nota
final, é obrigatorio a realización dunha proba final de tipo test. O detalle
das formas de avaliación a escoller é o seguinte: a) Avaliación continua: puntúase
a calidade dos traballos ou probas realizados pola/o estudante durante o
bimestre mediante a avaliación de diferentes aportacións Tamén se ten en conta
a valoración dun traballo tutelado e a súa exposición. Desta maneira, a nota
final (NF) da materia estará conformada por: exame final (EF=35%) + seminarios
(S=35%) + traballo tutelado (TT=20%) + saídas de estudos (SE=10%).
NF(100%)=EF(35%)+ S(35%)+ TT(20%)+SE(10%).
Neste tipo de avaliación, é condición que se alcance
un 50% da nota do exame final (EF) para que o resto das probas podan ser
contabilizadas na nota final (NF). Estas puntuacións terán validez ó longo de
cada curso académico e serán sumadas á do exame final, tanto na convocatoria
fin de bimestre como na segunda oportunidade sempre que a persoa matriculada
así o exprese.
b) Avaliación global: non
se realiza o traballo tutelado e non se teñen en conta as puntuacións obtidas
nas entregas dos seminarios. A nota final (NF) do alumno estará conformada por:
proba final (PF=100%) onde se responderá a preguntas relacionadas coa materia
explicada durante as clases teóricas e os seminarios. CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:
A persoa matriculada que opte por examinarse en fin de
carreira será avaliada unicamente co exame (que valerá o 100% da nota) do mesmo
xeito que na avaliación global explicada anteriormente.
Datas de exames:
Fin de carreira: 24/09/2024. 10:00 h.
Fin de bimestre: 27/03/2025. 10:00 h.
Segunda oportunidade: 10/07/2025. 10:00 h.
No caso de erro na transcrición das datas de exames ou
modificación posterior á elaboración desta guía docente, as datas válidas serán
as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web
del Centro. |