A avaliación continua permite seguir en todo momento o progreso do alumno de
forma individualizada, adaptando as actividades do curso para complementar e apoiar os coñecementos vistos nas clases maxistrais e seminarios. Desta maneira poderanse reforzar os puntos débiles da aprendizaxe a medida que avanza o curso. A atención personalizada completarase mediante as titorías. Nestas titorías o profesorado comentará co alumno as dúbidas que puidesen xurdir nas sesións maxistrais.
Prácticas de laboratorio
A atención personalizada completarase durante a realización das prácticas de laboratorio
mediante as titorías. Nas titorías o profesorado comentará co alumno as dúbidas que
puidesen aparecer nas sesións de prácticas.