Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Lexislación ambiental
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición do profesorado, con axuda dos Tics, dos aspectos máis importantes dos contidos do temario da materia, bases teóricas e/ou directrices do traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo alumnado (presencial).

A exposición terá carácter participativa para o alumnado, que será convidado a resolver cuestións co auxilio de textos legais, debendo familiarizarse co seu uso na resolución de problemas xurídicos de carácter ambiental.

O traballo en sesión maxistral DEBERÁ ser complementado polo alumnado con traballo autónomo, e PODERÁ voluntariamente ser complementado con tutorías individualizadas nos días e horas fixados pola Facultade.
Seminario Na aula (presencial) ou mediante plataforma de teledocencia Moovi (non presencial), o profesorado proporá tarefas vinculadas á materia co propósito de repasar ou profundar nos contidos abordados nas sesións maxistrais.
A título ilustrativo poderán consistir en:
* Resolución de supostos prácticos.
* Análise de contidos específicos (como sentenzas sobre contidos do temario).

A primeira parte de cada taller dedicará a discutir e resolver casos prácticos, en ocasións preparados previamente polo alumnado e en ocasións preparados na propia aula.

A segunda parte do taller dedicarase a resolver as dúbidas sobre os contidos da materia que poida suscitar o alumnado.

O traballo en seminarios DEBERÁ ser complementado con traballo autónomo do alumnado, e PODERÁ voluntariamente ser complementado con tutorías individualizadas nos días e horas fixados pola Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000