A modalidade de evaluación preferente é a Evaluacón Continua. Aquel alumno que desexe a Evaluación Global (o 100% da calificación no exame oficial) debe comunicalo ao responsable de materia, por email ou a través da plataforma Moovi, nun prazo non superior a un mes desde o comezo da docencia da materia A materia considerarase superada si se cúmpren os seguintes dous requisitos: 1º. Obter unha nota igual ou superior a 5 na proba de preguntas obxectivas. 2º. A nota media ponderada de todas as metodoloxías avaliables sexa igual ou superior a 5. Polo que é indispensable para superar a materia, entregar todas as actividades docentes propostas
O alumnado que en 1ª convocatoria non supere a nota mínima establecida para a proba de preguntas obxectivas, guardaraselles a calificación do resto de actividades para a 2ªconvocatoria do ano en curso.
O alumnado que en 1ª convocatoria non teña entregado todas as actividades docentes propostas e supere o exame, gárdaselle a nota do exame até a 2ª convocatoria dese mesmo curso, até a entrega de todas as actividades
O alumnado que non poida asistir ás clases presenciais, por motivos laborais debidamente xustificados, se lles calificará do seguinte modo: - Probas de preguntas obxectivas: 70% - Seminarios: entrega de seminarios resoltos: 30%
Para superar a materia debe de alcanzarse a metade da puntuación máxima en cada unha das partes avaliables.
Datas de exámenes: Fin de Carreira:27 de Setembro 2024 16 h 1ª Convocatoria: 06-Xuño-2025 16 h 2ª Convocatoria: 14-Xullo-2025 16 h
En caso de erro na transcripción das datas dos examens, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no tablón de ánuncios e na web do Centro.
Convocatoria fin de carreira: o alumnado que opte por examinarse en fin de carreira será avaliado únicamente co exame (que valdrá o 100% da nota). En caso de non asistir a devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito que o resto de alumnado. |