Seminario |
A realización dos seminarios é obrigatoria e os contidos destes terán unha tripla finalidade:
(a) resolución de casos prácticos relacionados cos distintos temas da materia que permitirán profundar e aplicar os contidos expostos nas sesións maxistrais así como fomentar o debate na aula.
(b) corrección e interpretación dos problemas e exercicios realizados polo alumno de forma autónoma.
(c) resolución de posibles dúbidas sobre calquera aspecto da materia.
Adicionalmente, neste punto valorarase á asistencia ás III Xornadas sobre Políticas Alimentarias que se organizaran no segundo cuatrimestre. |